займ срочно

A asociación cultural A Regionalista presenta o libro-CD Son da Maía no Milladoiro

0

Ames, 12 de xaneiro do 2019 – O Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle mañá domingo, as cinco da tarde, a presentación do libro-CD Son da Maía.

Son da Maía é un CD que recolle quince temas interpretados por Xermán Vázquez Soneira. O disco é un percorrido musical polo folclore da comarca amesá que lle da nome, e un libro no que non só se explica o contexto social e histórico das pezas, senón tamén a realización dunha viaxe pola vida de Xermán, un dos derradeiros gaiteiros da Maía. A entrada ao evento é de balde.

Ao longo de 126 páxinas, realizase un percorrido polo folclore e a historia da comarca amesá a través da explicación do contexto e o significado dos quince temas recollidos no CD que acompaña ao libro. Unha escolla froito dun intensivo traballo de investigación de campo, que pretende servir como un “tributo a toda aquela xente anónima que actuaron como transmisores que contribuíron a encher de sabedoría estas páxinas que versan sobre a cultura de A Maía”.

A obra tamén afonda na vida e nos viaxes de Xermán Vázquez Soneira, un dos derradeiros gaiteiros da Maía, e supón unha ruta polas súas vivencias, que teñen eco na súa música. Así, Xermán non só axudou á recompilar múltiples pezas clásicas, senón que tamén é o encargado de interpretar coa súa gaita as pezas compiladas e mesmo poñer voz a moitos dos temas.

As pezas musicais, temas cantados na súa totalidade, consisten en “melodías copiosas onde a voz é o principal elemento, acolchado por outros instrumentos como a gaita de fol”, e están divididas por temática en tres capítulos, segundo conteñan referencias ao ciclo do ano, á emigración ou aos ritmos típicos da zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies