A Asociación de Consumidores de Galicia da unha charla no Milladoiro sobre o subministro de gas

0

Ames, 9 de abril do 2019 – Este mércores  o local social de JUPEMI (Club de Xubilados) en Milladoiro acolle unha charla sobre o subministro de gas impartida por UCGAL.

A charla ‘O consumidor fronte ao subministro do gas’ será impartida por persoal técnico da Unión de Consumidores de Galicia, e terá lugar ás 19:30 horas. O principal obxectivo é despexar as dúbidas existentes sobre o subministro de gas para o cal abordaranse tanto os actuais mercados existentes como os diferentes modos de facturación pasando polos cambios de comercializadora e cuestións relacionadas coa seguridade das instalación do gas e as revisións dos equipamentos. Ademais, achegaranse pautas para evitar as fraudes en relación co subministro deste servizo.

A charla informativa vai dirixida ao conxunto da poboación amesán, trátase dunha actividade gratuíta e libre ata completar aforo.

A actividade enmárcase dentro do convenio asinado entre a UCGAL e o Concello de Ames. Os veciños e veciñas do concello que queiran facer algunha consulta ou reclamación teñen á súa disposición aos técnicos da UCGAL nos seguintes puntos de asesoramento e horarios:

– En Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

– En Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, os xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.

Para obter cita previa poden chamar ao número de teléfono 662 13 03 12.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial