A Asociación de Festexos de San Miguel de Sarandón da a coñecer os novos integrantes da Orde da bota do Viño da Ulla

0

Vedra, 9 de abril do 2019 – Como cada ano a Exaltación do Viño da Ulla ten como un dos actos centrais o nomeamento de novos membros da Orde da Bota e que a organización acaba de dar a coñecer.

O próximo domingo día 14 San Miguel de Sarandón será o lugar no que o actor Manuel Manquiña, o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez e o xornalista Víctor Furelos sexan nomeados novos membros da orde. Este ano introdúcese como novidade o nomeamento de empresas colaboradoras da festa, a primeira será Sondeos Guerra que desde hai mais de 35 anos pon o seu grao de area para que todo poida saír adiante. Recollerá o nomeamento o xerente da mesma Xosé Manuel Guerra Calvelo.

Noemados no 2018

Dez anos da Orde da Bota do Viño da Ulla

Foi na edición do 2009 cando se instaurou a Orde da Bota. En aquela edición os nomeados, primeiros integrantes, foron Odón Cobas, alcalde de Vedra; Ramón Hermida, Víctor Vázquez Portomeñe, Manuel Formoso, Pilar García, José Luís Bernal (Farruco), María Bouzas, Jesús Precedo e Xabier Alcalde, encargado de ofrecer o pregón. O ano pasado foi a quenda do presidente da Deputación, Valentín González, O responsable de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o cantante da Orquestra París de Noia, Blas Piñon, que ademais fixo de pregoeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial