A atención primaria en folga

0

Bisbarra, 18 de xunho do 2019 – A Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) de facultativos/as de Atención Primaria convoca unha folga este mércores para denunciar a situación na que se atopan.

A convocatoria chama ao paro aos médicos/as de familia, pediatras, farmacéuticos/as, odontólogos/as, MIR e técnicos/as de saúde de Atención Primaria. A manifestación transcorrerá a partir das 12 h en Santiago de Compostela, desde S. Caetano (diante da sede da Xunta) a S. Lázaro (diante da Consellería de Sanidade) e chaman a poboación a participar.

Deterioro das condicións de traballo

A Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) de facultativos/as de Atención Primaria convoca unha folga este mércores para denunciar a situación na que se atopan.A folga nace do deterioro constante das condicións de traballo. Mala xestión, carencia de recursos e a falta de decisión da actual Administración a hora de poñer en práctica as recomendacións internacionais.

Tras a folga na área sanitaria de Vigo, seguida nun 90% según os convocantes, as Asembleas de cada Área Sanitaria votaron en favor de

secundar unha mobilización global de todo o persoal facultativo en demanda de melloras concretas que revertan nos pacientes.

Problemas básicos

Os médicos explican algúns dos problemas que se poderían resolver de inmediato. Exemplos dun sistema con fallas organizativas graves. Unha das principais reclamacións e dispor de 10 minutos para atender aos pacientes xa que é imposible facer todo o traballo en 5

A queixa e maior aínda porque, cando se fai unha campaña concreta de prevención, acaban tendo 15 minutos para consultar a alguén que está san

Insisten en que a Primaria deixou de ser a porta de entrada ao sistema sanitario, na práctica todo pasa por urxencias

Un caso que revela a deixadez máis que a falta de medios é que algunhas peticións de consulta seguen a facerse por fax

Os médicos reclaman que se destine un 25% do orzamento da Xunta á sanidade, unha cifra recomendada por todas as institucións sanitarias internacionais. Na actualidade ese orzamento non pasa do 13% e en algúns casos non chega ao 11%.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial