A autovía de Lugo estará rematada no 2022

0

Bisbarra, 30 de maio do 2019 – O Delegado do Goberno, Javier Losada, visitou o tramo Lavacolla Arzúa da autovía de Lugo, A54, e informou dos prazos de execución que sitúan a conclusión no 2022.

Javier Losada explicou que para o Goberno esta infraestrutura é unha prioridade e mantén o compromiso con prazos deseñados polo anterior executivo. Acompañado polas subdelegadas do Goberno na Coruña e Lugo, Pilar López-Rioboo e Isabel Rodríguez, e o responsable da Demarcación de Estradas en Galicia, Anxo do Río; Javier Losada detallou que a Autovía 54 xa ten 66 quilómetros en servizo, un 70 % do trazado, cun investimento de 522 millóns de euros.

Tramos en execución

Tras esta apertura, restan 28 quilómetros entre Palas de Rei e Arzúa, concretamente nos tramos Pas Melide e Melide Arzúa, que terán un investimento de 169 millóns de euros. Javier Losada informaba do estado das obras

A continuación o Delgado referiuse ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para lembrarlle que hai un ano dou por bos os prazos da obra

Tramo Lavacolla Arzua

O tramo aberto a semana pasada ten 15 pasos superiores e 5 ligazóns, que favorecerán as comunicacións; 9 pasos inferiores, que permitirán aos peóns cruzar con seguridade, e 2 pasos de fauna. A todo iso hai que sumar importantes actuacións ambientais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial