A Baña. 15 días para organizarse en pleno

0

A Baña. 1 de xullo do 2019 – O pleno de A Baña deixa unha conta atrás ata o día 15 para que os grupos decidan organizarse trás demostrar, todos os grupos, que ata o momento non foron capaces.

Psoe e Compromiso por Galicia deixaron ver que, ata o momento,  organizarse é difícil ata para quedar. O mércores pasado reuníanse nun encontro que os socialistas consideraron que era para consensuar asuntos e CxG só para informar. Compromiso decidía ter a asemblea coas bases o venres a última hora polo que, sendo o pleno o sábado, non quedaba marxe para máis reunións.

imaxe do pleno para organizarse en A BañaE o PP? o ex alcalde García Cardeso atópase nunha situación inédita para el. A preocupación principal era conseguir máis comisións e marcar cantas veces se reunirían.Non lle gustou nada a proposta de que a comisión de contas, a única obrigatoria, tivera tan só un representante por grupo, cun voto ponderado equivalente a representación no pleno, Cardeso dicía que “non se trata de que un decida por todos os concelleiros do partido” o que, mirando ao sucedido nos últimos anos resultaba sorprendente.

Todo por decidir

As propostas quedaban enriba da mesa tras debates baleiros que só servían para marcar posturas. A xunta de portavoces, os representantes en órganos colexiados, e os gastos de representación foron retirados da orde do día polo alcalde ante a falta de acordo. Antes do día 15 terán que decidir que formato terá a comisión de contas xa que é obrigatoria o que anticipa un pleno no que con toda probabilidade volverán os temas non resoltos.

A proposta de alcaldía de plenos cada dous meses atopouse coa memoria. Compromiso lembroulle ao Psoe que no 2015 eran os primeiros en pedir plenos mensuais. O PP, moi pouco interesado na transparencia mentres gobernou, viu con bos ollos un pleno ao mes polo que a proposta acabou por ser modificada e conseguiuse aprobar esa periodicidade. Os últimos mércores de cada mes as oito da tarde serán as datas e horas das sesións.

Xunta de goberno

A Xunta de goberno local proposta foi rexeitada na votación pola oposición. O PP decidiu non apoiala mentres que non se soubera a súa periodicidade e Compromiso por Galicia considerou que debía de estar constituída por membros de tódolos grupos ou incluso que desaparecera es as competencias foran delegadas no alcalde e no pleno.

Os soldos tampouco gustaron

Tamén quedou enriba da mesa a proposta de dedicacións. O alcalde levou un reparto que lle asigna 37.000 euros brutos, 4.000 menos que o viña cobrando Cardeso, e sube a dedicación parcial que existía de 12.000 a 17.000 euros aínda que o número de horas tamén aumenta polo que en xeral a diferenza sería mínima.

Compromiso por Galicia explicou que si hay catro anos o Psoe dicía que os soldos eran excesivos agora non pode presentar unha proposta similar. O argumento, según eles, para decidir o soldo é valorar o que cobraba na súa faceta como profesional o que vai ser alcalde e aumentar un 5% ou un 7% pola responsabilidade. Un argumento cando menos curioso xa que equivale, de levarse á práctica, que por exemplo un médico que quixera ser alcalde tería que cobrar moito máis que, por exemplo, un conserxe que ocupara o mesmo posto.

Gastos de representación

A proposta de gastos de representación (75 euros por asistencias a plenos, comisións e algúns órganos colexiados) quedou tamén sobre a mesa. O PP sinalou que había órganos que non estaban contemplados e que non pagaban dietas, e CxG, aínda que veu aceptable os 75 euros, esixiu unha maior fiscalización e control e deixar o punto sobre a mesa como finalmente sucedeu.

Todo o pleno pode verse no seguinte vídeo 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial