займ срочно

A Baña quédase cos 400.000 euros para renovar luminarias

0

A Baña, 4 de setembro do 2020 – O IDAE  deixa sen efecto a revocación da subvención concedida no seu día ao concello da Baña para renovar luminarias.

O Instituto dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica recoñece que A Baña presentou en tempo e forma, o 24 de xaneiro, unha solicitude para ampliar o prazo para contratar a empresa que está acometendo os traballos; ampliación recollida na propia convocatoria das axudas.

O Concello continúa adiante coas obras de substitución de 2.281 luminarias no municipio (das 2.327 puntos existentes) e contará coa axuda de 394.546,96 euros concedidos polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

A posibilidade de perder esta subvención xa fora debatida no pleno ordinario do mes de xuño, cando a oposición criticara a pouca celeridade do equipo de goberno para cumprir os prazos. No mesmo pleno, o secretario da Corporación avanzara que o Concello solicitara en tempo e forma unha ampliación de prazo e que, ao non ter resposta do IDAE, esta considerábase outorgada.

Na resolución remitida agora polo director xeral do IDAE, o organismo dálle a razón ao Concello da Baña, sinalando que as propias bases da convocatoria recollían a posibilidade de pedir unha ampliación de prazo, que se solicitou incluso antes de que rematara o prazo inicial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies