займ срочно

A Baña cambiará 2.200 luminarias a tecnoloxía led

0

A Baña, 12 de marzo do 2020 – O Pleno da Corporación da Baña aprobou, a adxudicación á empresa Alumbrados Viarios SA da substitución de máis de 2.200 luminarias por lámpadas led.

O proxecto, que ascende a 493.000 euros, IVE incluído, está financiado polo IDAE, do Ministerio para a Transición Enerxética, e do Programa Operativo FEDER da Unión Europea con case 400.000 euros. Na súa oferta, Aluvisa inclúe a execución de melloras de unidades de obra por importe de 89.000 euros e unha garantía total das luminarias led de 10 anos.

A empresa deberá presentar antes de mañá toda a documentación requerida, incluído un aval de 20.000 euros, para poder asinar o contrato. O prazo de execución das obras é de 8 meses, que comezarán a contar en canto se firme a acta de replanteo, polo que a previsión do Concello é de que este ano poida estar rematada a mellora do alumeado público na Baña.

A Baña cambiará 2.200 luminarias a tecnoloxía led

A proposta de Aluvisa foi a recomendada pola mesa de contratación, que analizou a oferta presentada por outras catro firmas que acudiron ao concurso. Tanto o equipo de goberno como o Partido Popular indicaron que ían votar a favor desta proposta. Na intervención de CxG, César Ramos recordou que as cinco empresas teñen puntuacións similares na mesa de contratación nos apartados obxectivos, polo que pediu ver o expediente. Ao mesmo tempo informou de que, como se pode comprobar ao buscar en internet, Aluvisa tiña abertos varios expedientes administrativos e algúns xudiciais na Coruña, Sevilla, Asturias e Cataluña por problemas coas execucións de obras, polo que optaron por absterse na votación.

O alcalde sinalou que esa situación non impedía que Aluvisa se puidese presentar ao concurso da Baña, e incluso gañalo, como foi o caso. Ao tempo que anunciou que o director de obra estará encima para comprobar que as obras se executan de acordo ao proxecto, e coincidiu con Andrés García Cardeso que tamén os técnicos do IDAE supervisarán a execución.

Máis de 2.200 novas lámpadas

Este proxecto conta cunha axuda do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e financiamento europeo ao estar enmarcada no Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Esta achega representa o 80% do investimento total, 394.546,96 euros, mentres que o Concello debe asumir el 20% restante, ata os 493.183,70 euros nos que foi adxudicado o proxecto.

Con esta actuación que o Concello da Baña acaba de adxudicar a Aluvisa poderanse renovar 2.281 puntos de luz dos 2.327 existentes no termo municipal, cambiando as lámpadas por outras de tecnoloxía LED máis eficientes e con menos consumo, polo que se estima que o aforro enerxético será dun 73%, ao pasar dos 230,82 KW ata 81,08 KW. Ademais de cambiar as luminarias, tamén está previsto substituír cadros eléctricos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies