A Baña busca a ampliación da estrada entre Ceilán e Lañas

0

A Baña, 29 de outubro do 2019 – O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, reuniuse co presidente da Deputación, Valentín González, para plantexar a ampliación da estrada que une Ceilán con Lañas.

Pereira trasladou ao presidente a petición do goberno municipal de acometer un proxecto, non só de ampliación, se non tamén de mellora da seguridade vial na estrada provincial DP 0702 de Ceilán a Lañas. Según o alcalde “Trátase da única estrada da Deputación na Baña. Un vial que atravesa unha parte importante do municipio e que precisaría ser ampliada para garantir unha circulación máis segura, así como dotala dunha senda peonil ou beirarrúas, xa que os veciños carecen a día de hoxe dun paso para poder camiñar con seguridade pola marxe da calzada”.

reunión sobre ampliación da estrada que une Ceilán con LañasAmbos os dous responsables revisaron xuntos os planos do percorrido da estrada, que atravesa distintos núcleos rurais do municipio. Valentín González Formoso comprometeuse a estudar a petición do alcalde e encargará a súa valoración técnica ao servizo provincial de Vías e Obras.

Utilidade do Plan Único para melloras nos núcleos rurais

González Formoso e Pereira Gil analizaron tamén a importancia que, para a mellora das infraestruturas do municipio, representou o Plan Único, que dende a súa creación en 2017 destinou ao Concello da Baña máis de 1,9 millóns de euros.

O alcalde destacou a “utilidade” do Plan Único, que está permitindo levar a cabo melloras coma a humanización do núcleo de Señor ou a rúa Castiñeira, a reforma da piscina de San Vicente, a recuperación do entorno da fonte dos Lagos, e máis dunha vintena de actuacións de mellora en diversos núcleos rurais do municipio.

O pleno provincial aprobou o pasado venres as bases do Plan Único 2020, que contempla unha achega inicial de 463.554 euros para o Concello da Baña. Será a propia corporación municipal a que decida en qué investirá os fondos que lle achega a Deputación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial