O Pleno de A Baña aproba a modificación do plan de ordenación na rúa Camiño de Monelos

0

A Baña. 25 de maio do 2017 –  A Corporación da Baña aprobou cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención de CxG a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na rúa Camiño de Monelos.

Tras esta aprobación inicial, o expediente someterase a información pública por un período de dous meses, prazo no que as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. No caso de non terse presentada ningunha, o expediente volverá ao pleno para a súa aprobación definitiva.

Según explicou o alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, este acordó “pon fin a un longo litixio e á recondución dunha situación na que o traballo dos técnicos municipais tivo un papel importante”. O mandatario local, que non quixo entrar en polémicas anteriores sobre este asunto, lembrou que dende que se logrou o consenso entre as partes e antes de chegar “á esta aprobación inicial, houbo que redactar un proxecto de avaliación estratéxico con informe positivo e tamén se contestou a todos os requirimentos. Non vou a remitirme atrás o importe é que agora a situación reconduciuse”.

Pola súa banda, o voceiro do PSOE en A Baña, José Antonio Pereira Gil, pediu que se corrixisen unhas apreciacións no documento que podían inducir a erros e solicitou ao alcalde un informe sobre os gastos que ocasionou o expediente en cuestión. “Solicitamos un informe de gastos dende que o momento que se iniciou todo este proceso, hai dez anos, gastos notarias, de representación, xudiciais, custes periciais… porque houbo que derrubar un muro tres veces, volver a levántalo dúas. E hai que lembrar que a sentenza xudicial deixa ben claro que o camiño fora igual dun lado que doutro”.

Pola súa parte, o voceiro de Compromiso por Galicia (CxG) en A Baña, César Ramos Domínguez solicitou ao equipo de goberno “que todas as decisión que se adopten se fagan en beneficio dos veciños e se deixen a un lado os enfrontamentos e rifas políticas”. Para Ramos Domínguez “o que quedou claro é que esta situación enquistouse por rifas políticas”Dende o grupo de goberno, o alcalde subliñou que o Camiño de Monelos “foi unha situación que se enquistou e no que todos fomos culpables”. Tras loubar o éxito do PXOM, anulado en parte na súa aprobación definitiva pola sentenza do TSXG de 2007, no relativo á redución do ámbito de solo urbano no Camiño de Monelos, García Cardeso subliñou que “é unha sentenza abstracta que non entende ninguén. Foron os técnicos os primeiros en lograr dar os primeiros pasos hai dous anos cun principio de acordo; uns pasos sen os que hoxe non poderiamos estar aquí. Que foron rifas políticas?. Non o sei, pero eu asumo a parte de culpa. O que está claro é que é unha situación que non pode quedar en terra de ninguén”, afirmou, pedindo “a máxima prudencia” neste asunto.

Neste punto o secretario municipal de A Baña fixo un inciso para lembrar que a postura do Concello “é a mera defensa da legalidade” e que a sentenza recolle que o Concello elevou ao TSXG tres alternativas de cara a unha posible solución, “e este dixo que non era asunto seu”. Alternativas, por outra banda, que foron presentadas á Xunta para a modificación puntual do PXOM. A alternativa elixida reduce o viario de 9 a 8 metros e permite un lixeiro aumento da superficie edificable.

Por outra parte, na sesión extraordinaria tamén se deu luz verde por unanimidade á adquisición da parcela nº 66, coñecida como Coreixe, do plano da concentración parcelaria de Santa Eulalia de Lañas. Trátase dunha parcela que fora propiedade da Cámara Agraria e que pasou a ser da Xunta tras a desaparición desta. “O Concello tiña unha concesión da mesma que rematou en 2011”, dixo o alcalde, engadindo que “pasou a formar parte dun primeiro lote para poxa, pero o Concello amosou o seu interés de adquirir esta parcela”.

A pretensión do Concello é adquirir a devandita parcela, na que se sitúa un área recreativa, e sumar esta ao inventario municipal. O seu prezo ronda os 17.000 euros. “Dende o grupo de goberno pensamos que é mellor non ir á poxa. Para poder adquirila temos que presentar un aval”.

PSOE e CxG consideran esta proposta unha boa iniciativa e comparten o plantexamento do grupo de goberno de non recorrer á poxa pública, onde o prezo podería incrementarse. Dende as filas socialistas solicitaron que unha vez adquirida se dote á parcela dun punto de luz, auga, aseos e un local adecuado para uso dos veciños. Unha petición que comparten dende CxG.

Finalmente, o pleno tamén deu luz verde por unanimidade a aprobación provisional da Ordenanza reguladora da ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles, dada a demanda por parte de hostaleiros de instalar terrazas no seus negocios. Para atender ás peticións que xa existen, en mentres non entre en vigor definitivamente esta nova ordenanza, acordouse redactar unha regulación en réxime transitorio e nas mesmas condicións que se especifican na ordenanza, para anticiparse a situacións e dar cobertura ás demandas”.

CxG solicitou que se indique a taxa que se vai cobrar aos usuarios e o horario, e solicitou que a taxa sexa simbólica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial