займ срочно

A Baña ofrece 45 prazas nun campamento pensado para conciliar

0

A Baña, 25 de xuño do 2020 – O Concello da Baña ofrece un total de 45 prazas para participar no Campamento de Verán 2020, unha actividade lúdico-deportiva dirixida á infancia que facilita a conciliación familiar e laboral durante as vacacións estivais.

Aquelas familias da Baña que acrediten a necesidade de conciliación terán preferencia para obter praza, ao igual que aqueles nenos e nenas que estean empadroados no concello.

Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse as actividades na área recreativa de Chans e no centro social e da terceira idade, dirixidas a nenos e nenas a partir de 4 anos ou que os vaian cumprir neste ano 2020.  O horario vai das 8.30 ás 14.30 horas, de luns a venres. O custe do campamento é de 40 € por neno/a e de 30 € por irmán/a, no caso de estaren empadroados na Baña; no resto de casos o custe ascende a 60 € por neno/a.

O prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2020 abre hoxe xoves, 25 de xuño, e ata o luns 29 de xuño. Pódese formalizar na Concellería de Cultura ou na páxina web do Concello, na que proximamente se publicará o formulario de inscrición. No que atinxe á cota, cómpre entregar no Concello os xustificantes bancarios do pagamento nas seguintes contas bancarias:

  • Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
  • Santander-Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

O Campamento de Verán 2020 está organizado polo Concello da Baña en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e coa Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies