A Baña prepara un programa de cine ao aire libre

0

A Baña, 11 de xuño do 2020 – Os concellos buscan solucións para o ocio este verán e na Baña preparan un programa de cine ao aire libre que durará ata agosto.

Serán catro películas as que formen este ciclo de cine ao aire libre, das destinadas ao público infantil e outras dúas ao adulto. Tres sesións gratuítas o 26 de xuño, 17 de xullo e 22 de agosto. A actividade está organizada polo Concello en colaboración coa empresa local Sinala Tecnoloxía Visual, que cede os equipos.

A rúa Tedelle será o escenario o venres 26 de xuño das dúas primeiras proxeccións. Ás 18.00 h poderase ver Abominable, un filme de animación que narra as historias dun yeti que logra fuxir dos humanos que o capturaron e da súa amiga Yi, a rapaza que o atopa na azotea do seu edificio e tenta axudalo a volver á casa. . Máis tarde, ás 20.30 h, proxectarase a película Mientras dure la guerra, na que o director Alejandro Amenábar conta a historia de como en 1936 o escritor Miguel de Unamuno apoiou a rebelión contra unha República pola que el mesmo loitou pero que o defraudara.

 

Trailer Mientras dure la guerra de Amenabar

Para o venres 17 de xullo está prevista a proxección de O que arde, mentres que o sábado 22 de agosto o público infantil volverá ser protagonista con Maimiño e o espello máxico. Estas dúas sesións forman parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A fita O que arde, dirixida e coescrita polo galego Oliver Laxe, é un relato sobre a culpa, a dor e a soidade que narra a historia dun pirómano saído do cárcere que volve á casa xunto á súa nai. Este filme recibiu o Premio do Xurado na sección Unha certa mirada do Festival de Cannes 2019 e o Goya á mellor dirección de fotografía. A autenticidade da debutante Benedicta Sánchez foi recoñecida co Goya á mellor actriz revelación en 2020.

Por último, Maimiño e o espello máxico é a primeira película galego-cubana de animación, unha adaptación do conto infantil Polgariño. Narra a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que lle estragan a colleita e o encontro co espello máxico da media laranxa son os sucesos que o conducirán á aventura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial