Alcaldes e veciños reclaman, na Baña, servizos sanitarios dignos

0

A Baña, 17 de xaneiro do 2020 – As protestas polos problemas de servizos sanitarios continúan e na Baña concentráronse alcaldes e veciños pedindo unha solución.   

Despois das protesta do Pino pola falta de pediatras o alcalde da Baña, José Antonio Pereira, convocou unha concentración diante do Centro de saúde á que acudiron veciños e políticos da bisbarra.

O presidente da Deputación, a dereita. e o alcalde da baña, a esquerda. xunto co Deputado Antonio Leira, de fronte, falando cun sanitario

Ademáis dos tres grupos políticos con representación no concello, Psoe, Pp e Compromiso, e representantes da agrupación local do BNG, acudiron o presidente da Deputación, Valentín González, alcaldes de concello como o veciño de Negreira ou Oroso, concelleiros como Blas García de Ames, Uxía Lemus e Elías Noya de Teo, o parlamentario autonómico Oscar Vilar, e numerosos veciños.

Concentración en A BañaServizos dignos

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, reclamoulle ao Sergas “servizos públicos dignos para garantir que a xente poida vivir no rural”. Durante a concentración diante do centro de saúde, Pereira Gil esixiu “unha atención pediátrica digna e que se cubran as baixas e vacacións da pediatra do centro de saúde, que actualmente so temos dous días á semana, para que os nenos e nenas da Baña non teñan que ir peregrinando polos distintos concellos da comarca”. O alcalde agradeceu a presenza de todos os asistentes, especialmente nunha mañá na que fixo moi mal tempo.

O presidente da Deputación, Valentín González, reclamaba tamén o reforzo nos servizos “A demanda é unánime, o servizo de pediatría necesita un reforzo urxente no rural desta comarca e da provincia en xeral; en concellos como este da Baña cada vez hai menos días de servizo e non se substitúen as baixas, cando falamos dun tema moi sensible para a sociedade como é a atención pediátrica”.

As protestas continuarán

Non rematan aquí as mobilizacións e a seguinte terá lugar en Touro. A Plataforma en Defensa do Centro de Saúde de Touro concentrarase o mércores 5 de febreiro, diante do centro, as once e media da mañá. Nunha publicación explican que “Queremos o servizo de pediatría todos os días e non ter que desprazarnos quilómetros para que atenden @s nos@s cativ@s. Queremos citas rápidas e que non tarden dúas semanas en atendernos. Reivindicamos o que nos pertence como veciños”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial