Terras de Compostela organiza un curso de Emprendemento en A Baña

0

A Baña, 4 de setembro do 2017 – O Grupo de Desenvolmento Rural (GDR) Terras de Compostela organiza na Baña un curso de Emprendemento e Novos Horizontes, de carácter gratuíto.

O curso de emprendemento desenvolverase do 18 ao 25 de setembro e terá unha duración de 30 horas lectivas, traducidas en sesións de cinco horas durante 6 días, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O número de prazas é de 15.

A principal temática do curso xira en torno a Empresa: O proxecto económico. Así, traballaranse nocións básicas de empresa, elaboración do proxecto empresarial, trámites para o inicio da actividade e nocións básicas para a realización dun proxecto económico.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición na Axencia de Desenvolvmento Local da Baña ou nos teléfonos 981 889 777-981 886 501

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies