Mad Max gaña no Entroido da Baña

0

A Baña, 2 de marzo do 2020 – A comparsa Mad Max, despois de gañar en Compostela, fíxose tamén co concurso da casa, o do concello da Baña de onde proceden.

Mad Max gaña no Entroido da BañaMad Max naceu como comparsa na parroquia de Lañas, e levouse o galardón na categoría de carrozas. ‘Somolo demo’, dende Liñaio, quedou terceira en comparsas. A elas sumouse ‘Barcala na lúa’, que conseguiu ‘fichar’ ao Jorge Javier Vázquez para arrincar moitos sorriso e aplausos da veciñanza coas súas coplas satíricas sobre a situación política no concello, adicándolles cancións aos tres líderes políticos da Corporación municipal.

Mad Max gaña no Entroido da BañaNa categoría de carrozas, o terceiro premio foi para ‘Fantasía na fraga’, que chegou dende Oroso, e o segundo para a agrupación Estrelas da Noite que se desprazou dende Tomiño (Pontevedra) cunha proposta chamada ‘Fantasía de inverno’, na que participan 75 persoas e que tamén conseguiu o primeiro premio na categoría de comparsas.

Mad Max gaña no Entroido da BañaDende Compostela os ‘Vinkings Conxo’, coas súas caras pintadas, conseguiron o segundo premio en comparsas. Nestas dúas categorías, as tres primeiras agrupacións levaron un premio en metálico de 1.000, 500 e 200 euros, respectivamente.

As ‘Tartarugas Ninja’, en grupo, o ‘Doutor Maximus Pest’, en individual adulto, e ‘Transformer’, en infantil, foron os gañadores nas súas respectivas categorías e merecedores dun premio de 150, 100 e 100 euros, respectivamente.

Mad Max gaña no Entroido da BañaE aínda que non obtivo premio, a carroza ‘Barcala na lúa’ presentouse en San Vicenzo coa fichaxe estrela do televisivo Jorge Javier Vázquez e tamén co novo ‘alcalde da Baña’, que, bastón de mando en man, non tivo reparo en darlle un abrazo a José Antonio Pereira, que está á fronte do concello dende o pasado mes de xuño.

As súas propostas musicais tamén arrincaron numerosas risas e aplausos entre o público presente. Ao ex alcalde popular, Andrés García Cardeso, con moita sorna, dedicáronlle o corrido mexicano de Antonio Aguilar ‘Juan Charrasqueado’, ao que titularon ‘Andrés, o mal pagador’. Ao actual alcalde, José Antonio Pereira, cantáronlle a rancheira ‘El rey’, de Vicente Fernández, á que titularon ‘O alcalde sonche eu’. Para o líder de Compromiso por Galicia, César Ramos, ao que votaron en cara que non lles acompañara na comparsa, tiñan reservado o tema de Sergio Dalma ‘Yo no te pido la luna’, cun pequeno cambio en letra e título para adaptalo a ‘Eu non che pido o voto’.

Mad Max gaña no Entroido da Baña‘O pequeno reino de Ben e Holly’, ‘Barrio Guisandésamo’, ‘As sojras adovesidas nas vespas’, ‘Arca de Noé’, ‘A froitería da Ruliña’, ‘O Entroido ten un color especial’, ‘Magia Cíngara’, ‘Superheroes’ ou ‘Ajhata ruín da praza’ foron outras das comparsas e carrozas que o sábado desfilaron pola Baña entre os aplausos da veciñanza, que continuou a festa na carpa habilitada preto da escola de música, na que a cativada puido gozar cos inchables.

No palco da discoteca móbil CDC entregáronse os premios aos gañadores, no que houbo momentos de moita emoción, como cando lle entregaron o galardón a ‘Mad Max’ e un dos seus compoñentes máis novos non puido conter as bágoas. As gañas de divertirse e bailar continuaron ata a madrugada coa música do DJ que animou a verbena.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial