A Baña prepárase para volver aos 50′ co feirón da Re-Volta

0

A Baña, 9 de outubro do 2018 – A carballeira de Ceilán acollerá o domingo 21 de outubro a segunda edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado.

Esta Re-Volta está organizada polo Concello da Baña e conta coa colaboración coa Deputación da Coruña. Desde primeira hora haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios como limpabotas ou barbeiros, que darán ambiente de época a carballeira de Ceilán. Durante a xornada ofrecerase unha cata de conservas e haberá unha maratón fotográfica, ademais de diversos postos de comida típica galega.

A música comezará ás 12 do mediodía, coa actuación do grupo tradicional Faíscas da Pontraga, un conxunto fundado en 2002 que conta con máis de 500 actuacións ás costas, algunhas delas do outro lado do Atlántico.

Xa pola tarde actuará Pakolas, un cantautor e produtor especializado en música para cativos. As súas cancións animan á infancia a compartir amizade e experiencias a través de historias moi particulares. Ás 17.30, será o momento  de Carapaus, un grupo de folk radicado en Compostela e liderado por Emilio Lois, ‘gaiteiro da Baña’ e mestre en numerosas agrupacións tradicionais.

Aquelas persoas interesadas en poñer algún posto de venda ou exposición de produtos propios de aquela época poden chamar ao 981 886 777 ou 981 886 501, ata o xoves 21 de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial