A Festa da Filloa da Pedra da Baña celebrarase o 16 de febreiro

0

A Baña, 17 de xaneiro do 2020 – A XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de febreiro, cun completo programa de actos que inclúe música, xogos, talleres e postos de venda de artesanía e gastronomía.

O pregoeiro da Festa da Filloa da Pedra da afamada exaltación gastronómica será o xornalista Ramón Castro Gundín, director do programa radiofónico Más de uno Compostela en Onda Cero.

XVII Festa da Filloa da Pedra da BañaA celebración dará comezo o sábado 15 de febreiro cunha Foliada filloeira a partir das catro e media da tarde. O domingo, o pavillón municipal abrirá as súas portas ás dez da mañá para recibir aos centos de visitantes que cada ano se achegan á Baña a degustar as filloas, preparadas nas máis de corenta pedras dispostas para a ocasión.

A nota musical poñerana Os Campantes da Baña, que actuarán ás 12.30 h; a charanga BB+, que se ocupará de animar a sobremesa ás 15.30 h; e a orquestra Finisterre, que animará a festa a partir das 18.00 h.

O Concello, en colaboración coa Asociación de Filloas da Pedra da Baña, preparou un programa que inclúe tamén a celebración de talleres, como o de estampación e creación de camisetas a cargo de Silvia Capelo. Non faltarán os xogos para a cativada como a tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Os asistentes poderán tamén facer as súas compras nos postos de artesanía e gastronomía.

A filloa da pedra, protagonista indiscutible da festa, poderase degustar soa ou con diferentes acompañamentos tanto salgados coma doces. Ademais, haberá outros produtos a disposición do público, como lacón con grelos, chourizo, orella ou polbo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial