займ срочно

A Baña inclúe nos orzamentos 2021 axudas para os empresarios

0

A Baña, 9 de marzo do 2021 – O equipo de goberno da Baña vincula unha partida de axuda ao comercio e a hostalería á aprobación dos orzamentos.

As contas da Baña foron a pleno o pasado mes de febreiro pero quedaron sobre a mesa para seguir negociando. O concello busca un acordo que garanta a súa aprobación na vindeira sesión ordinaria a finais de mes.

Sen partida na actualidade

As axudas aos negocios non contan con partida nos actuais orzamentos municipais. Esta falta de asignación fai que sexa necesario que se aproben uns orzamentos nos que existan partidas dedicadas á recuperación ou a axudas de distinto tipo.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Empresarios A Baña Emprende, Rafael Vieito, quen solicitou unha liña de axudas para poder asumir os gastos derivados dos peches e da crise sanitaria.

O alcalde ve posible unha achega de 20.000 euros dirixidos a aqueles negocios ou empresas “que tiveron que pechar obrigatoriamente na súa actividade por indicación das autoridades sanitarias” sempre e cando os orzamentos salgan adiante.

A idea e darlle facilidades ás empresas e negocios para que poidan destinar estas axudas “a pagar as taxas municipais, gastos de aluguer, seguros cotas de seguridade social de traballadores ou autónomos, seguros”, entre outras partidas, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies