займ срочно

Muíños de vento contra o Coronavirus na Baña

0

A Baña, 23 de abril do 2020 – Os veciños da Baña recibirán hoxe Muíños de vento polo Día do Libro e como símbolo da loita contra o Coronavirus.

A proposta do Concello, á que xa se sumaron numerosas persoas, é adornar con estes elementos os balcóns das casas e compartir as imaxes nas redes sociais, como símbolo de esperanza e de unión ante o Coronavirus.

Muíños de vento contra o Coronavirus na BañaA pandemia fará imposible este ano que o Día do Libro se celebre como habitualmente, coa actuación de contacontos, obras de teatro, regalo de exemplares ou grupos de lectura. Porén, e tendo en conta a importancia da lectura e da cultura no desenvolvemento da sociedade, o Concello propúxolle á veciñanza este exercicio simbólico, que se quere ligar coa propia loita contra a enfermidade. Os muíños de vento aos que se enfrontou o protagonista do libro máis universal da literatura española, o Quixote, simbolizan tamén a enerxía das persoas nesta pelexa e a capacidade de adaptación aos cambios.

Muíños de vento contra o Coronavirus na BañaAs persoas que desexen participar aínda están a tempo. Unicamente teñen que elaborar un destes muíños ao seu gusto (na web do consistorio poden atopar instrucións para fabricalos de xeito moi sinxelo), colocalo na xanela e sacarlle unha foto, que despois deben enviar ao correo marta.cambeiro@concellodabana.gal ou compartir en redes co hashtag #MuíñosDeEsperanza. Con estas contribucións estase xa a elaborar unha galería de imaxes que servirá de conmemoración dun día especial que, coma tantas outras cousas, este ano será diferente.

Muíños de vento contra o Coronavirus na Baña

Muíños de vento contra o Coronavirus na Baña

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies