A Baña e Melide falan de política rural  co municipio búlgaro de Pavlikeni

0

A Baña, 3 de outubro do 2018 – Os Concellos da Baña e Melide e máis o municipio búlgaro de Pavlikeni celebran ata o día 5 de outubro un intercambio de boas prácticas e busqueda común de solucións no eido laboral, como parte dun proxecto financiado pola Unión Europea. 

O intercambio con A Baña e Melide enmárcase no proxecto “Alianzas transnacionais para o emprego e o crecemento”, financiado polo Programa Operativo “Desenvolvemento dos recursos humanos 2014-2020”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo desta iniciativa é que municipios de diversos puntos da Unión Europea intercambien impresións e estratexias exitosas en innovación social e boas prácticas, na procura de solucións comúns. Neste caso, no horizonte están a mellora do mercado laboral e a loita contra a pobreza e a exclusión social.

Neste primeiro acto no Concello da Baña a encargada do relatorio principal foi a axente de emprego e desenvolvemento local, Dolores Landeira Liñares. Pola súa banda, o técnico de Xuventude do Concello de Santa Comba falou das oportunidades de emprego para os menores de 30 anos nos concellos rurais.

A delegación de Pavlikeni, un municipio de 11.000 habitantes no norte de Bulgaria, está encabezada polo alcalde, acompañado por concelleiros e outros funcionarios locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial