O Concello da Baña aprobou un orzamento de 3,4 millóns de euros

0

A Baña, 20 de agosto do 2017 -. O Concello da Baña aprobou os orzamentos para o presente exercicio, que ascenden a 3.445.255,12 euros, dos que algo máis de 1.600.000 euros destinaranse a execución de obras e a conservación das existentes.

As contas aprobadas representan un incremento do 4,57% respecto o presuposto do ano pasado, e foron aprobadas cos votos a favor do equipo de goberno (6) e en contra do PSOE (4) e Compromiso por Galicia (1)

O alcalde de A Baña explicou que estes presupostos inclúen só aquelas obras que son financiadas integramente polo concello e por outras administracións, sempre que o concello deba aportar unha parte do gastos. “Non reflectimos aquelas obras que son financiadas integramente por outras administracións, como a reparación do polideportivo de San Vicenzo”, dixo Andrés García Cardeso.

Así, no capítulo de obras figuran máis de un millón de euros para financiar a humanización do núcleo de Señor (108.378 €), da rúa Castiñeiras (131.904); a prolongación dos colectores e conexión coa estación depuradora de Barcala (41.795), ou a pavimentación de vías que comunican diferentes lugares.

No orzamento de A Baña tamén están incluídas as obras para mellorar a accesibilidade ao multiusos de San Vicenzo e a rehabilitación do centro sociocultural de Gosende (por 136.000 €) que están financiadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela vía Feader; e algo máis de 135.000 euros para o plan de mellora e conservación de camiños municipais que financia a Consellería de Medio Rural vía Agader.

A reparación da casa do concello (61.000 euros), financiada parcialmente pola Vicepresidencia da Xunta; e a compra de caldeiras de biomasa para mellorar o sistemas de calefacción do centro de saúde e os centros socioculturais de barro e Seoane, que inclúen 47.000 euros financiados polo Inega (aos que o Concello engade outros 10.000 para a súa execución) son outras das obras que se inclúen nos presupuestos 2017 do Concello da Baña..

Por outra banda, as partidas de reparacións, mantemento, conservación e pago de subministracións supera o medio millón de euros

Os gastos de persoal representan o 29% dos orzamento total do exercicio. Neste capítulo inclúese a partida correspondente para recoñecer a antigüidade do persoal laboral fixo e adaptar a súa situación o convenio correspondente, como establece a sentencia do Xulgado do Social de Santiago.

Así mesmo, o alcalde sinalou que dada a boa situación económica do Concello da Baña, “como non temos ningún crédito solicitado, podemos acudir ao Plan de Aforro e Investimento da  Deputación da Coruña”.

Polo que se refire ao capítulo de ingresos, a maioría dos fondos cos que conta o Concello da Baña proceden das transferencias correntes doutras administracións, que representan o 45,6% do total. A esta partida, de 1,6 millóns de euros, engádense os 617.000 euros (17,99% do orzamento) que recibe o Concello doutras administracións para a execución de obras e nas que se inclúen os 94.040 euros do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para mellorar a accesibilidade do multiusos de San Vicente e a rehabilitación do centro sociocultural de Gosende.

Dende a oposición criticouse a tardanza en presentar os orzamento para este ano, ao tempo que indicaron que nas contas non se recollen as prioridades do concello, “hai cousas que faltan ou non aparecen reflectidas nos presupostos”.

Entre estas, a oposición vou en falta máis inversión para o saneamento do concello. O alcalde recordoulle á oposición que se incluía unha partida de 40.000 euros nos orzamentos por si era necesario comprar algunha parcela ou finca, ao tempo que recordaba que acometer o saneamento integral do concello resultaría moi caro, ao tempo que se mostrou partidario de acometelo pouco a pouco.

Sobre a tardanza en presentar as contas, como indicou a oposición, o rexedor sinalou que se presentaban cando había estimacións suficientes das inversión que se poderían acometer. Ao mesmo tempo, indicou que a estas alturas do ano a Deputación leva invertidos 140.000 euros menos na Baña que o ano pasado no plan de obras e servizos e amosouse esperanzado de que no último trimestre se compense este desfase.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies