A Baña organiza un plan de formación sobre a actividade resineira

0

A Baña, 12 de novembro do 2019 – O Concello da Baña organiza un plan de formación e divulgación forestal para dar a coñecer a actividade resineira.

Este plan está organizado en colaboración coas empresas Foresin e Arega. Divídese en 3 xornadas nas que se falará sobre aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, técnicas de extracción de resina e actividade resineira. A asistencia está aberta a todo o público, mais é necesario reservar praza no Concello da Baña a través do 981 886 501, o 682 859 667 e o correo@concellodabana.gal.

O 21 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas terá lugar na casa da cultura da Baña a xornada sobre o aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, centrándose no resineiro e noutras técnicas de aproveitamento dos piñeiros. Os profesionais da empresa Foresin e o alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xoves 2019’ serán os encargados de impartir esta xornada.

No mes de decembro impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina nas Escolas Vellas de San Vicente da Baña. A actividade terá unha duración de 8 horas repartidas entre as 9.30 horas e as 13.30 dos días 12 e 13 de decembro.

Para rematar, o día 15 haberá unha demostración práctica e habilitarase un stand informativo sobre a actividade resineira no mercadiño de Nadal da Baña, situado na Praza do Concello de 10.00 a 14.00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial