займ срочно

A Baña aproba a conta xeral do 2018 e un suplemento de crédito

0

A Baña, 10 de outubro do 2019 – O concello de A Baña ven de aprobar, en pleno extraordinario, a conta xeral do 2018 e un suplemento de crédito de 380.000 euros.

A Conta Xeral de 2018 foi aprobada por unanimidade de forma definitiva. Cun remanente positivo de tesourería de 803.950 euros, o documento será remitido ao Tribunal e ao Consello de Contas antes do 15 de outubro, prazo establecido para que o Concello poida optar a subvencións o vindeiro ano.

Crédito extraordinario

Tamén por unanimidade aprobouse un crédito extraordinario de 125.000 euros. Desta cantidade, 100.000 euros destinaranse a pagar a parte que lle corresponde ao Concello para executar a subvención de medio millón de euros concedido polo IDAE (do Ministerio para a Transición Enerxética) coa finalidade de mellorar o alumeado público no municipio con luminarias LED. Estas obras teñen que estar contratadas antes do mes de febreiro.

Cos 25.000 euros restantes o Concello pagará os incremento dos orzamentos para executar obras en Vilar da T orre e Vilar de Suso, no camiño de Outeiro, en Marcelle, nunha pavimentación en Ceilán e na humanización da rúa Castiñeira.

Suplemento de Crédito

Cos votos a favor do equipo de goberno (PSOE) e do PP, e a abstención de Compromiso por Galicia, aprobouse un suplemento de crédito de 255.000 euros que se destinarán a pagar facturas de provedores dos departamentos de servizos sociais, educación,  festas e promoción do deporte. 

Desta partida, 140.000 euros destinaranse a incrementar o orzamento de asistencia social primaria, para pagar servizos de dependencia, comedor, ou de libre concorrencia, ao considerar insuficientes os 70.000 euros asignados no orzamento municipal (o Concello traballa cuns presupostos prorrogados de 2017).

Outros 58.000 euros vanse destinar a pagar as facturas de transporte do alumnado da Baña ata o IES Terra de Xallas de Santa Comba dos anos 2017 e 2018. Para pagar facturas da festas dos maiores dos anos 2016 e 2017 destinaranse 27.000 euros, e outros 30.000 para actividades de promoción e fomento do deporte.

César Ramos, de Compromiso por Galicia, resaltou a importancia deste suplemento de crédito, pero non a urxencia do mesmo para abordalo nun Pleno extraordinario. Como a súa petición de deixalo para un Pleno ordinario non foi atendida, optou por absterse.

Andrés García Cardeso, do Partido Popular, asegurou que era coñecedor desas partidas, e indicou que no caso de servizos sociais “cada vez hai máis demanda” polo que se incrementaron os gastos. Tamén recoñeceu que estaba sen pagar o transporte do alumnado de Bacharelato e ciclos formativos do curso 2017 e 2018, e pediu que a empresa que realiza o transporte presente as facturas trimestralmente.  Sinalou, así mesmo, que as facturas dos das festas dos maiores de 2016 e 2017 estaban sen pagar porque a empresa que “non presentou as facturas en tempo e forma debido a problemas familiares”.

“Somos responsables desas facturas”, indicou o ex alcalde e actual voceiro do Partido Popular, que votou a favor deste punto.

O alcalde socialista, José Antonio Pereira, indicou que cando o Partido Socialista chegou a alcaldía asumiu esas facturas e que por iso se presentaba este suplemento de crédito, para contar con fondos suficientes para pagarlles aos provedores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies