Pleno de confusión e tensos debates na Baña

0

A Baña, 28 de maio do 2020 – O Pleno da Baña puxo de manifesto a minoría do goberno municipal que non puído sacar adiante a súa proposta para o Pos+ 2 da Deputación.

Compromiso x Galicia e Partido Popular aprobaron no pleno unha proposta para destinar a maior parte dos cartos da Deputación a obras e non a totalidade a gasto corrente como propoñía o goberno socialista.

Informe desfavorable da secretaría

O secretario do concello informou desfavorablemente a intención de CxG e PP de destinar parte dos fondos da Deputación a obras. Lembrou que en este orzamento hay que pagar máis de 300.000 euros por atrasos cumprindo unha sentencia xudicial. Ao seu entender non destinar todos os fondos a gasto corrente pon en perigo a estabilidade orzamentaria e levar a obriga de presentar un Plan económico financeiro ante o Ministerio de Facenda.

O Secretario fixo fincapé en que os que aprobaran decisións en contra da estabilidade orzamentaria poderían ser responsables ante o Tribunal de Contas, algo que debía advertir porque si no sería el responsable

Confusión sobre as propostas

A diferenza entre os enunciados da orde do día e das propostas de CxG e PP provocaron de novo un tenso debate entre o Secretario e os portavoces da oposición.

Compromiso x Galicia insistiu en que a súa proposta non era unha moción e só se presentaba para que o Equipo de goberno a incluíra si o consideraba oportuno. Para evitar confusións terminou retirándoa.

O Secretario decidiu considerar a Moción presentada polo Partido Popular unha enmenda a proposta do Goberno Municipal para que puidera ser incluída, dada a diferencia sobre o asunto no texto presentado. A consecuencia foi un enfado do portavoz Popular, o ex alcalde García Cardeso que acabou por dicir “a ver si deixamos de facer o ganso” referíndose ao Secretario, este foi o momento

Finalmente CxG apoiou a enmenda do PP conseguindo así a maioría. Destinaranse, según o aprobado, 47.300 euros a gasto corrente e outros 100.000 euros para obras.

Pos+ 1

Por outra banda o Pleno aprobou, por unanimidade,  destinar os cartos do plan provincial POS+ Adicional 1 a gasto social, para cubrir parte dos gastos extraordinarios derivados da covid-19. Segundo a desagregación presentada polo equipo de goberno,  50.000 euros irán para reforzar o servizo de axuda no fogar (SAF), 10.000 € á compra de equipos de protección do persoal (EPIs), e outros 12.000 para reforzar as axudas ás familias con menos recursos. Unha última partida de 3.000 euros será para gasto extraordinario en axuda ás persoas máis vulnerables.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial