Pleno na Baña con rebaixas de IBI e apoio a ruta Mariana

0

A Baña, 6 de marzo do 2020 – O Pleno da Baña aprobou por unanimidade unha rebaixa de IBI a unha explotación gandeira e o apoio da coñecida como ruta Mariana.

Ademais de aprobar a rebaixa do 95% do IBI á mencionada explotación a corporación dou o visto bo a ordenanza que lle pide ás empresas unha fianza e seguro de responsabilidade civil para cortar madeira.

As mocións para potenciar a Vía Mariana e que o Concello se subscriba a Nós Diario, presentada por CxG, e a do PP de cara ao 8-M solicitándolle ao Goberno central e á Xunta por en marcha plans de igualdade, de redución da brecha salarial e de fomento das carreiras científicas entre as alumnas tamén se aprobaron por unanimidade. 

Condicións na corta de madeira

A partir de agora, os madeireiros, ademais de presentar un seguro de responsabilidade civil para facer fronte aos posibles danos nas pistas e camiños públicos que se produzan durante a súa actividade, deberán depositar unha fianza. Aquelas empresas que utilicen camións de menos de 16 toneladas deberán depositar unha fianza de 1.600 euros en metálico para responder dos danos que poidan causar. Se os vehículos cargan máis de 16 toneladas, a fianza será de 3.100 euros.

A vía Mariana

Tamén por unanimidade se aprobou a moción para reforzar a Vía Mariana Luso Galaica. César Ramos solicitou que dende o Concello se acondicione provisionalmente tanto a escola como o campo de fútbol de Corneira para colaborar coa Caravana Arriera que este verán fará o traxecto dende Santiago a Muxía (o ano pasado chegou de Braga a Compostela), poida durmir na Baña. A intención e que, nunha segunda fase, se poidan ofrecer aos peregrinos desta ruta e do Camiño de Santiago a Muxía unhas instalacións permanentes, buscando a mellor forma de xestión, ben municipal ou a través dunha asociación.

Igual resultado (11 votos a favor) colleitou a moción do Partido Popular relativa ao 8-M, no que se pide ao Goberno central que poña en marcha un novo plan estratéxico de igualdade de oportunidades para dar cumprimento a axenda 2030; impulsar un pacto nacional para a conciliación laboral e fomentar as vocacións tecnolóxicas (STEM) entre as alumnas. O Concello da Baña solicitaralle a Xunta por en marcha medidas para fomentar a igualdade retributiva das mulleres en todos os ámbitos, que fomente entre as mulleres  vocacións  STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) e tamén programas de alfabetización dixital no rural.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial