займ срочно

A Baña reclama que se cubran as ausencias de pediatría

0

A Baña, 28 de setembro do 2020 – O concello da Baña reclama por carta a Sanidade que se cubran, no Centro de Saúde, as baixas por enfermidade o vacacións do servizo de pediatría.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, enviou unha carta ao novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e outra á Xerente da Área Sanitaria, reclamándolles que o Sergas cubra as ausencias en pediatra e a modificación do horario da matrona.

Pereira Gil recórdalle ao novo conselleiro que o servizo de Pediatría só funciona dous días á semana no centro de saúde e que dende o pasado 21 e ata o 6 de outubro a pediatra está de vacacións, unha situación “que obriga a anular todas as citas programadas para revisións e vacinacións poñendo en risco aos menores”

Non é a primeira vez que o alcalde reclama estas substitucións xa que en decembro pasado o Centro de Saúde sufriu o mesmo problema. O non contar con pediatra obriga ás familias a desprazarse ata o Hospital Clínico de Santiago, a outros municipios ou a pediatras de pago.

O problema da matrona

Nesta ocasión, o alcalde tamén lle reclama ao conselleiro e a xerente que modifiquen o horario da matrona, que está obrigando a afrontar unha serie de gastos que resultan “totalmente inasumibles para o Concello”.

Recentemente, o Sergas modificoulle o horario á matrona, que agora consulta tamén os sábados (aínda que reduciu as horas de atención os días de semana que acode ao centro de saúde da Baña). Isto provoca que “o Concello teña que asumir o sobrecusto do servizo de limpeza e calefacción tamén os sábados, a pesares de que os sábado non asisten usuarios a este servizo. Situación que resulta totalmente inasumible para o Concello”, recorda Pereira Gil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies