A Baña renovará as luminarias e potenciara o aforro enerxético

0

A Baña, 21 de febreiro do 2019 –  O Concello da Baña renovará as luminarias da rede de alumeado público do municipio cunha achega de preto de 400.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O obxectivo do cambio de luminarias e mellorar a eficiencia enerxética e apoiar así a transición cara a unha economía con baixo consumo de carbono e, polo tanto, máis limpa.A iniciativa inclúese no Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Con esta actuación, o Concello poderá renovar 2.281 puntos de luz dos 2.327 existentes,  cambiando ás lámpadas actuais por outras de tecnoloxía LED, que incrementan a iluminación diminuíndo o consumo eléctrico. O aforro enerxético estimado é dun 73%, ao pasar a potencia actual de 230,82 KW a tan só 81,08 KW cando rematen as obras.

As actuacións faranse tanto na substitución das luminarias como nos cadros eléctrico. O Concello ten agora un prazo máximo de 6 meses para contratar e adxudicar as obras, e de 18 meses para a súa execución. Unha vez rematadas, máis do noventa por cento das luminarias do municipio da Baña serán de tecnoloxía LED, o que suporá un considerable aforro enerxético, e lle permitirá ao Concello cumprir tamén co Pacto polo Clima promovido pola Unión Europea, que vén de asinar o Concello da Baña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial