A Baña aproba o plan de sectorización do Polígono da Eiroa

0

A Baña, 10 de xaneiro do 2020 – O concello da Baña ven de aprobar en Pleno o Plan de sectorización que permitirá a posta en marcha do Polígono da Eiroa.

Con esta decisión, aprobada por unanimidade, queda desbloqueada a tramitación do Polígono da Eiroa. O acordo será agora remitido a Xunta de Galicia para que se de o visto bo ao solo industrial, e poder cerrar así un trámite que se solicitara en outubro de 2016. Si a Xunta no reclama máis documentación quedarían pechados os trámites para que o concello disponga por fin de chan industrial.

Pleno Polígono da Eiroa

Mesas de contratacións

O Pleno resolveu tamén a formación das mesas de contratación. Tratábase dunha moción presentada por Compromiso por Galicia que consigue que acudan a estes órganos alo menos dous representantes políticos de forma rotatoria (ata o de agora só asistía un do equipo de goberno).

Segundo o informe emitido pola secretaría do Concello os representantes políticos non poden superar un terzo dos membros da mesa. Como consecuencia da decisión nas mesas a partir de agora estarán presentes catro funcionarios municipais fronte aos dous que acudían.

A idea inicial de CxG era que na mesa estiveran presentes un membro do PSdeG, outro do PP e outro de Compromiso, pero diante do informe de Secretaría propuxo que só fosen dous e de forma rotatoria. O alcalde propuxo que só estivese un representantes dos partidos políticos, que se fose rotando en cada mesa, para non ter que incrementar o número de traballadores municipais presentes neste órgano ata catro persoas. Na votación, a proposta foi aprobada co apoio de CxG e do PP (6 votos), mentres que o equipo de goberno do PSdeG votou en contra (4).

Manifestación no Centro Médico

No apartado de rogos e preguntas, o alcalde anunciou que o xoves 16 de xaneiro, ás 12.00 horas, está convocada unha concentración diante do centro de saúde para reclamar que o Sergas cubras as baixas por enfermidade ou as vacacións da pediatra asignada á Baña, e que tan so atende aos nenos e nenas dous días a semana. Dende o Concello xa se enviou unha carta ao Sergas solicitando esta medida, xa que ao non cubrir estas ausencias, os nenos e nenas da Baña teñen que desprazarse ata Santiago para poder ser atendidas por un pediatra do Servizo Galego de Saúde. “Dado que o Sergas non respondeu á carta que lle remitimos a principios de decembro e polo que convocamos esta concentración”, indicou o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial