займ срочно

Reclaman que se cubran as baixas de pediatría no centro da Baña

0

A Baña, 13 de decembro do 2019 – O concello da Baña ven de reclamar ao Servizo Galego de Saude, SERGAS, que cubras as baixas no servizo de pediatría do centro médico municipal.

O centro de saúde da Baña conta con consulta de pediatría dous días á semana. Na carta remitida o pasado 3 de decembro á xerente da área de xestión integrada de Santiago, Eloína Núñez, e ao responsable de Atención Primaria, Felipe Calle Vellés, o alcalde, José Antonio Pereira, recórdalles que cando a pediatra está de vacacións, de baixa ou de permiso, a consulta queda sen atender “e os nenos da Baña teñen que acudir aos servizos de urxencias do Hospital Clínico, en Santiago, ou a pediatras de pago”.

Pereira incide en que a ausencia da especialista por eses motivos “obriga a anular as citas previamente concertadas dos nenos, tanto para consultas como para vacinacións” o que, a entender do alcalde, “pode poñer en grave risco aos menores” da Baña.

Por estes motivos, o rexedor solicítalles aos responsables do Sergas que cando a pediatra titular estea de vacacións, enferma ou non poida atender a consulta, que esas ausencias “sexan cubertas por outro pediatra” para que os menores da Baña sexan atendidos sen ter que desprazarse fóra do municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies