A Baña suspende a Festa dos Maiores

0

A Baña, 16 de xullo do 2020 – A crise sanitaria pola Covid19 segue provocando cancelacións e en esta ocasión tocoulle a Festa dos Maiores da Baña.

O alcalde, José Antonio Pereira, asinou un bando no que fai pública a decisión de suspender a Festa dos Maiores da Baña prevista para o mes de agosto. O motivo é  preservar a seguridade dun colectivo tan vulnerable na situación de risco sanitario actual.

Pereira fai mención no mesmo bando ás recomendacións das autoridades sanitarias de non celebrar este ano as habituais festas e verbenas, “debido a que se pode xerar un maior risco de propagación” da covid-19. En caso de querer celebrar estas festas e verbenas, o alcalde recorda as medidas específicas que establece a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo estas normas, no caso das verbenas, “é importante acoutar o espazo destinado ao evento para poder controlar o aforo, facilitar o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída do recinto e permitir o cumprimento das distancias mínimas de seguridade interpersoal”.

A Baña suspende a Festa dos Maiores

Imaxe de arquivo

O alcalde “apela á responsabilidade cidadá” e agradece a colaboración de toda a veciñanza para axudar a cumprir con todas as medidas preventivas necesarias para evitar a transmisión dunha enfermidade tan contaxiosa como a da Coronavirus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial