A Banda de Ordes honra a Santa Icia esta fin de semana

0

Ordes, 23 de novembro do 2018 – Este sábado día 24, a Banda de Música de Ordes celebrará a festa da súa patroa, Santa Icía cun vasto programa de actividades e actuacións que terán lugar nunha carpa no Campo da Feira.    

O primeiro dos actos en honor a Santa Icia será ás 13 horas. O concerto que dará a banda servirá de posta de largo para as novas incorporacións da formación. A partir das 14.30 horas aproximadamente ofrecerase un gran xantar, no que cada ano se congregan centos de socios e socias.

Tras a sobremesa, a iso das 18 horas, chegará o momento das actuacións musicais da Banda Infantil, da Banda de Ordes e a dos grupos Faíscas da Pontraga e Garibaldi. Tampouco faltarán xogos e sorteos.

Nesta celebración na honra da patroa da música colabora tamén, tal e como é habitual, o Concello de Ordes

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial