Entroido na Baña o día 29

0

A Baña, 13 de febreiro do 2020 – A Baña incorpora novidades ao concurso de disfraces de Entroido xa que este ano haberá unha categoría de grupos.

A incorporación de grupos as categorías do Entroido da Baña que se celebra o 29 de febreiro foi unha petición veciñal. Este ano se repartiran 3.750 euros en premios entre as cinco categorías contempladas nas bases: individual (infantil e adulto), grupo, comparsa e carrozas. Para poder participar, os interesados deberán inscribirse antes do xoves día 27 ben de xeito telemático ou presencial nas dependencias municipais.

O desfile comezará ás 16.30 horas e transcorrerá polas rúas Xacinto Rodríguez, Rosalía de Castro e na Praza do Concello. As comparsas estarán compostas por un mínimo de 10 membros que representarán un mesmo motivo, e as carrozas deberán contar tamén cun mínimo de dez integrantes todos eles enriba dun móbil. Os grupos terán de 2 a 9 persoas participantes, representando un mesmo motivo.

A selección de gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoas alleas ao Concello. No apartado de premios, as tres mellores carrozas e comparsas levarán premios de 1.000, 500 e 200 euros, respectivamente. O mellor grupo recibirá 150 euros e, nas categorías individuais, o premio será de 100 euros tanto para o mellor disfrace infantil como para o adulto.

As bases íntegras do concurso e as fichas de inscrición, pódense descargar na páxina web do Concello da Baña. Todas as persoas menores de idade que desexen participar, ademais de inscribirse, deberán entregar unha autorización asinada pola nai, pai ou titores legais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial