займ срочно

A Baña prepara un libro sobre o confinamento coas aportacións veciñais

0

A Baña, 14 de abril do 2020 – O Libro de… é un proxecto da Axencia de Lectura da Baña que busca as aportacións dos veciños sobre o momento que vivimos.

Trátase de que os escritos, debuxos ou fotografías da veciñanza sirvan para construir un libro que relate, de xeito colectivo, as vivencias da corentena.

 “O libro de Ana, o libro de Paula, o libro de Álvaro, de Laura…, o libro de cada un de vós”. Así reza a introdución deste proxecto, que se materializará en forma de publicación unha vez que se recupere a normalidade e ocupará un lugar destacado na Axencia de Lectura, para que poida ser consultado por todas as persoas.

A Axencia de Lectura achega as seguintes indicacións para todo aquel que queira participar: “Escribide o que queirades sobre vós, podedes centrarvos nestas últimas semanas de corentena e contarnos como estades a vivilas, como pasades os días, contando anécdotas e momentos curiosos, incluíndo debuxos, fotos, que cousas vos gustan menos e cales aceptades dun xeito más doado”. A man ou a ordenador, o estilo é libre, se ben suxiren empregar papel cun tamaño DIN-A4, en horizontal e dobrado pola metade, pensando na forma dun libro.

Bando da Alcaldía

Por outra banda o alcalde, José Antonio Pereira, publicou un bando no que agradece o esforzo, dedicación e traballo que están a facer tanto o persoal do Servizo de Axuda no Fogar como o persoal sanitario e os traballadores municipais ante a crise provocada pola pandemia do COVID-19. O alcalde da Baña tamén agradece o esforzo da veciñanza, que segue nas súas casas gardando o confinamento, ao tempo que recorda a necesidade de cumprir coas recomendacións das autoridades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies