A Baña rexeita os recursos contra o contrato de renovación do alumeado

0

A Baña. 6 de febreiro do 2020 – O pleno da Baña rexeitou os recursos de reposición presentados contra o expediente para a renovación de luminarias que subvenciona o IDAE.

Tanto a urxencia da sesión como o rexeitamento dos recursos foron aprobados polos votos favorables do Psoe e o PP e a abstención de CxG. O expediente continúa agora a tramitación co obxectivo de renovar o alumeado público conseguindo reducir as emisións de CO2 á atmosfera no termo municipal.

A Asociación Provincial de Industriais Electricistas e Telecomunicacións da Coruña (Asinec) presentou un recurso alegando que non se respectaban as táboas salariais do convenio vixente na provincia da Coruña. Pola súa banda, a empresa polaca Lug Light Factory Ltd presentou tres alegacións,  por non admitir variantes na licitación, polas luminarias propostas e polas carencias e insuficiencias técnicas do proxecto.

O informe da Secretaría do Concello propoñía desestimar todas as alegacións ao considerar que todos estes aspectos estaban ben resoltos nos pregos de condicións técnicas e administrativas do concurso, que foi redactado polo Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) do Ministerio para la Transición Ecológica, que lle concedeu ao Concello da Baña unha subvención de case 400.000 euros para poñer luminarias led en case todo o alumeado público municipal.

Despois dun debate que durou corenta minutos, procedeuse á votación. O PP e o equipo de goberno (PSdeG) votaron a favor para seguir adiante co proceso de contratación. Compromiso por Galicia abstívose.

Unha vez rematado o pleno, reuniuse a mesa de contratación para analizar a documentación das cinco empresas que se presentaron ao concurso. Para o cambio de luminarias no termo municipal da Baña o IDAE achega 400.000 euros de subvención e o Concello debe aportar outros 80.000 ata completar os case medio millón de euros que acada o proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial