A biblioteca de Oroso permitirá o acceso aos rexistrados as 24 horas do día

0

Oroso, 12 de abril do 2019 –  A Biblioteca Municipal de Oroso, cun proxecto de ampliación para incrementar os servizos que presta, estará dispoñible as 24 horas do día para todas aquelas persoas que necesiten un espazo para estudar ou ler, evitando desta forma os desprazamentos a outras instalacións en concellos como Santiago.

O alcalde, Manuel Mirás, explica que “Será unha biblioteca intelixente, cun dispositivo de acceso mediante recoñecemento ou pegada dixital, non sendo posible o acceso de persoas que non estivesen previamente recoñecidas”. Esta iniciativa forma parte do proxecto de remodelación do centro cultural Fernando Casas Novoa, coa posta en marcha dun auditorio e a ampliación da biblioteca.

Todas as mesas estarán dotadas dun ordenador con pantalla instalada na propia mesa e un teclado dixital protexido, unas instalacións con tecnoloxía de última xeración e vixiadas por cámaras para garantir a seguridade dos usuarios as 24 horas do día. “Deste forma, daremos resposta ás demandas que non fan chegar os mozos e mozas que estudan e en época de exámenes teñen que desprazarse a Santiago para ter unha biblioteca á súa disposición en horario nocturno”, explica Mirás.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial