A bisbarra conmemora o Día da Muller

0

Bisbarra, 7 de marzo do 2019 – Tódolos concellos dun xeito ou doutro veñen conmemorando ao longo da semana o Día da Muller que ten como data no calendario este venres 8 de marzo.

O Día da Muller lembra o acontecido o 8 de marzo de 1857 en Estados Unidos, un incendio nunha fábrica de camisas levou ás traballadoras a manifestarse nas rúas protestando polas precarias condicións laborais nunha loita que continúa hoxe en día.

A bisbarra participa dos actos con actividades en tódolos concellos. O IES de Ames plantará hoxe dúas árbores, lerá o manifesto institucional e terá unha lectura de poesía; xa mañá hai prevista unha concentración diante do concello as doce do mediodía.

Brión convoca tamén a unha concentración diante do polivalente; en este espazo plantouse no ano 2008 unha figueira que desde entón medra como símbolo da iniciativa Mulleres medrando como árbores.

Compostela ten distintos actos pero hoxe en concreto terá lugar unha mesa redonda baixo o título Pensar o amor no século XXI. Será presentada pola concelleira Marta Lois e interveñen Chis Oliveira, catedrática de Filosofía xubilada e Amada Traba, profesora de Ciencias da Educación en Vigo. Autoras do libro “ám@me”. Celebrarase na Casa das Mulleres Xohana Torres a partir das sete e media. Tedes o resto de actividades que duran todo o mes no seguinte enlace

Frades conmemorará o Día da Muller con dúas actividades que terán ao CPI Ponte Carreira como protagonista. Hoxe coa representación da obra teatral “Non sabes quen es”, da compañía Duende Sico que trata de fomentar o uso do galego e a educación en valores; xa mañá venres  o concello sumarase á iniciativa promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes, polo que o alumnado do CPI Ponte Carreira concentrarase no patio amosando cartolinas de cor lila e con forma de bocadillo de cómic nas que se recollan mensaxes a prol da igualdade e de rexeitamento da desigualdade entre homes e mulleres.

Lousame conmemorará este 8 de marzo con dúas actividades na Casa da Cultura. Por un lado a entrega de premios do concurso de fotografía “Nós compartimos… e ti?” e por outro a inauguración da exposición “A metade do ceo”, de José Tembra que reúne unha selección de obras elixidas polo escultor para renderlle homenaxe á muller.

Melide colgará unha loneta do balcón do concello cunha mensaxe que pedirá igualdade entre homes e mulleres non só o 8 de marzo senon tamén os 365 días do ano. Tamén aproveitará este venres para presentar unhas guías informáticas sobre os servizos do Centro da Información a Muller.

Negreira ven desde hai tres anos entregando en estas datas un galardón que recoñece a labor dunha muller vencellada ao territorio. Este ano homenaxea a Beni Castro Calvo, matrona da comarca da Barcala. Un acto que terá lugar esta tarde no Auditorio a partir das sete.

Teo, ademais de apoiar a folga de mulleres de mañá venres, preparou un acto a partir das sete e media de esta tarde. Comezará coa lectura dun manifesto institucional. De seguido MJ Pérez ofrecerá unha actuación musical. E para rematar proxectarase Noetiña. As mulleres e o mar na Costa da Morte, un documental de 25 minutos de duración dirixido por Gabriela Amor que obtivo o primeiro premio no certame Luísa Villalta, convocado pola Deputación da Coruña.

Non son tódolos actos, é unha breve escola polo que recomendamos que visitedes as web de vosos concellos e vos sumedes a o Día da Muller 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial