A bisbarra contará con 7 novas farmacias

0

Bisbarra, 10 de xullo do 2018 – O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado día 2 o Decreto da Xunta de Galicia que regula o concurso público para a instalación de 41 farmacias en toda Galicia, sete delas na bisbarra.

As farmacias da contorna de Compostela estarían situadas nos Ánxeles en Brión, EN San Xoan de Calo en Teo, en Portomouro en Val do Dubra, En Santa Eulalia en Silleda e 3 en Ames, dúas asignadas a Santa María de Biduído e unha máis en Ortoño.

Este concurso público forma parte do mapa farmacéutico presentado pola Xunta de Galicia a finais do 2017. O Decreto que daba oficialidade a dito mapa está a expensas de 6 recursos presentados e que o Tribunal Superior de Xustiza aínda non resolveu. Os recursos, presentados por propietarios de farmacias que non están de acordo coas novas concesións, poderían paralizar o concurso pero a Xunta considera que ata que se resolvan os trámites deben continuar.

As novas boticas non poderán ser asignadas a persoas que xa sexan titulares dunha na zona de asignación. Valoraranse criterios como a experiencia profesional, o Curriculum académico, as publicacións en revistas científicas e o coñecemento do idioma galego ou a discapacidade. Por primeira vez a resolución farase nun único acto público no que según a puntuación obtida poderán elixir a zona na que queren abrir a farmacia.

No pasado a falta de farmacias foi motivo de queixas dos usuarios. Un dos casos máis coñecidos foi o de Ames no que durante moitos anos o núcleo do Milladoiro, que superaba xa os dez mil habitantes censados, tiña tan só unha farmacia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies