займ срочно

A borrasca ‘Félix’ provoca un novo desbordament nunha das balsas da mina de Touro

0

Touro, 12 de mardo do 2018 – Según informa a Asociación  Aldea Viva de Touro a borrasca Felix provocou un novo desbordamento nunha das balsas da antiga mina.

Según a Asociación “As fortes chuvias desta fin de semana volven a provocar o rebordamento da balsa mineira localizada na corta de Bama, situada a uns 50 metros de elevación e a uns 100 metros de distancia do río Brandelos provocando a formación de abundantes espumas e unha secrección leitosa que atravesa sen problemas as insólitas medidas correctoras propostas, consistentes nunha elemental barreira de xeotextil”.

Para Aldea Viva “Esta situación volve a deixar en evidencia a ineficiencia das actuacións tanto dos responsables da Consellería de Medio Ambiente como da empresa pública de Augas de Galicia, organismos que en datas recentes foron advertidos pola Asociación Aldea Viva dunha situación semellante, que forma parte da grave problemática ambiental que atravesan as canles fluviais na zona de Touro pola falta de control sobre as antigas labores mineiras”.

Desde o colectivo lembran que a situación das balsas incumpre normativas autonómicas, estatais e europeas. Debido a este caso, a Asociación Aldea Viva ven de ampliar denuncia diante dos organismos competentes para que leven a cabo as medidas que correspondan e procedan a subsanar esta grave problemática ambiental.

N

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies