Compostela, 15 de xuño do 2018 – A Cámara de Comercio de Santiago destina máis de 150.000 euros a axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas por medio do programa de financiamento InnoCámaras.
InnoCámaras xestiona fondosFeder da Unión Europea. A convocatoria de solicitudes comezará o próximo luns, 18 de xullo, e permitirá conseguir financiamento destinado ao desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras. As axudas están pensadas para pemes, micropemes e autónomos que se atopen dentro do ámbito de actuación da Cámara que chega a maioría da bisbarra de Compostela e o Barbanza.
A axuda incúe unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.
O texto completo da convocatoria está a disposición das empresas na web: www.camaracompostela.com; e na sede electrónica da Cámara de Santiago: https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela, onde se poderá consultar e descargar a documentación, a solicitude de participación e realizar a tramitación electrónica mediante firma dixital, ou ben realizar a solicitude de forma presencial na sede da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo).