A Cámara de Comercio organizou unha charla sobre emprendemento para estudantes

0

Compostela, 2 de febreiro do 2019 – Estudantes do IES Fontiñas asistiron a unha charla sobre emprendemento cooperativo no viveiro de empresas, organizada pola Cámara de Comercio de Santiago e a Rede Eusumo da Xunta de Galicia

O persoal técnico da Cámara de comercio impartiu esta xornada divulgativa e dirixiu unha visita guiada ao viveiro de empresas, situado no Polígono de Costa Vella. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

As sesións, de carácter informativo e divulgativo, están destinadas a estimular o autoemprego e difundir o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial