займ срочно

A Casa das Crechas  acolle a Aurora, toda unha revelación no mundo do flamenco

0

Compostela, 19 de abril do 2019 – Aurora estase a convertir nunha revelación no mundo do flamenco e preséntase este sábado na Casa das Crechas (21:00 6€/8€).

Aurora reúne a talentos xurdidos da Escola Superior do Taller de Músics de Barcelona. O cantaor Pere Martínez, Max Villavecchia ao piano, Javi Garrabella ao baixo e Joan Carles Marí á batería están acompañados por Jose Manuel Álvarez ao baile. Unha novidosa proposta musical que viaxará polas cancións máis populares do compositor Manuel de Falla para evolucionar cara a linguaxes que transgreden as sonoridades tradicionais e explorar a fusión con outras estéticas.

Ademais da obra do compositor de Cádiz, Aurora tamén homenaxeará outras figuras destacadas como Lorca, Albéniz e Pedrell. A formación leva as composicións a un terreo a camiño entre o jazz e o flamenco, afastándose do clásico pero conservando a identidade.

O disco Aurora xira ao redor da figura de Manuel de Falla, ao redor do cal se articulan tres vías conceptuais: a obra do propio compositor gaditano fiel ao material folklórico ibérico e non só flamenco; o binomio Falla-García Lorca, representado polas cancións populares recompiladas e redimensionadas polo poeta-músico; e por último, a relación Falla-Pedrell. Do propio Manuel de Falla aparecen dous vectores interesantes: o Falla atento ao xitanismo e o Falla atento a todas aquelas posibilidades abertas de tipo ibérico. Do Cancionero de Pedrell aparecen, vigorosos, algúns materiais folklóricos que Aurora sabiamente reelabora, como unha canción popular asturiana ou unha das cantiagas de Alfonso X o Sabio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies