займ срочно

A Casa do terror de Xoán Curiel hoxe no Teatro Principal

0

Compostela 19 de xaneiro do 2019 – Espectáculo de música e contos hoxe en Compostela coa Casa do terror de Xoán Curiel e a Banda do Verán, a partir das seis e media no teatro Principal.

Curiel ven de percorrer os escenarios galegos coa Banda do Verán presentando o libro disco Estamos no verán!! editado por Galaxia. Agora métese de cheo nunha nova aventura que combina contos e diversión nun espectáculo denominado a Casa do terror.

Despois de percorrer os escenarios galegos co espectáculo do libro-disco infantil Estamos no verán!!! (Editorial GALAXIA), Xoán Curiel e a Banda do Verán, atrévense cunha nova, terrorífica e divertida aventura: A Casa do Terror. Os membros d´A Banda do Verán teñen un longo percorrido por tódolos escenarios galegos.

O Conto

A Casa do Terror é unha aventura escrita por Xoán Curiel, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc… É unha historia moi positiva no que se fala da importancia da confianza nos desafíos da vida e nas cousas que nos poden producir medo.

Ademais dun libro disco, A Casa do Terror é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente.

Elenco artístico do espectáculo:

Xoán Curiel: Guitarra eléctrica, guitarra española e voz

Jara Ortiz: Voz

Carlos Freire: Batería

Alex Salgueiro: Teclado e programacións

Antón Fernández: Baixo

Marta Alonso: Danza e voz

Vestiario: Uxía Vaello

Escenografía: Marta Mallo

Creación e dirección do espectáculo: Xoán Curiel, Marta Alonso, Jara Ortiz

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies