займ срочно

A Casa Museo de Rosalía abre a fiestra para homenaxear a poetisa

0

Padrón, 4 de xullo do 2018 – O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Abride a fiestra foi presentado no mesmo cuarto no que morreu a escritora e no que, segundo a súa filla, pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”. No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e mais as representantes do vermú Petroni e das adegas Paco & Lola, Cristina Codesido e Laura Cachón, respectivamente. O titular de Política Lingüística felicitou á fundación pola iniciativa “que contribúe a seguir proxectando a figura rosaliana como figura central das letras galegas, tendo a Padrón como localidade anfitrioa desta celebración pero facéndoa tamén extensiva a outras”.

Abride a fiestra terá como previa o venres 13 a inauguración da mostra Rosalía en Carril, no Museo do Ferrocarril desta localidade, recitado e dramatización poéticas e mais concerto; á que seguirá o sábado 14 a Inchadiña Branca Vela, a xa tradicional subida en dorna a vela desde Valga a Padrón organizada en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa da Arousa;  e o día grande o domingo 15, data do pasamento de Rosalía de Castro, coa xornada de portas abertas Rosalía en Festa na Casa Museo, con concertos, proxección de filmes, poesía, regueifa e feira de produtos rosalianos e visitas guiadas por persoeiros e especialistas rosalianos. Entre as artistas que participarán estarán Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa.

Toda a información no web hhhtp://rosalia.gal.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies