A cerimonia do Lume Sagrado este domingo no Pico Sacro

0

Boqueixón, 14 de xuño do 20119 – Este domingo, 13 horas, no cumio do Pico Sacro as tribos celtas de Boqueixón e Callobre recrearán o ritual polo cal se daba a benvida ao solsticio de verán recollendo o Lume Sagrado.

Esta actividade, organizada polo Concello de Boqueixón e pola Asociación Cultural do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada), comprende a representación da tradición ancestral coa que se daba a benvida ao Solsticio de Verán. Para iso, as tribos celtas farán un encontro na base do cumio do Pico Sacro para despois desprazárense ata a Capela de San Sebastián onde procederán á realización da Cerimonia do Lume Sagrado.

 

O Druída e a Raíña Alda utilizarán unicamente a forza do Astro Rei para acender o Lume Sagrado co que se iluminará a noite de San Xoán. Unha cerimonia na que estarán rodeados polas súas respectivas tribos, compostas por persoas que participan voluntariamente nesta representación.

Dende o Concello animan á veciñanza e visitantes a sumarse a esta posta en escena. Dende a organización aportarán a vestimenta e todo o material preciso para a representación. O único que teñen que facer as persoas interesadas é poñerse en contacto co Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón (981 513 061 // boqueixonturismo@gmail.com) para formalizar a súa asistencia como figurantes voluntarios.

Roteiro fotográfico

De xeito paralelo, o Concello de Boqueixón en colaboración con Compos Tours e Xaime Cortizo organizan este domingo 16 pola mañá un Roteiro Fotográfico no Pico Sacro. Esta actividade é de balde, previa inscrición no teléfono 678 894 867 ou en compostours@gmail.com // boqueixonturismo@gmail.com.

O punto de encontro será o Centro de Interpretación do Pico Sacro, lugar no que comezará o Taller de Fotografía ás 11.00 horas. Ás 11.45 horas iniciarase a subida guiada ao Pico Sacro. Un percorrido que finalizará coincidindo coa representación da Cerimonia do Lume Sagrado, que lle servirá ás persoas participantes para poñer en práctica todo o aprendido durante a mañá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial