A chuvia compensou á seca na conta meteorolóxica do 2018

0

Compostela, 3 de xaneiro do 2019 – A pesar da importante seca, sufrida entre agosto e outubro, as fortes chuvias de finais de ano devolveron a Compostela a índices pluviométricos habituais.

Pese a seca do verán en 2018 houbo 17 días especialmente chuviosos con precipitacións por riba dos 30 litros/m2, entre os que destacan o 9 e o 6 de novembro con 65,7 e 57,1 l/m2 respectivamente. Logo dese mes, marzo foi o máis chuvioso, con 382,4 l/m2 recollidos en 29 días, mentres que setembro resultou ser o máis seco con só 1,3 litros/m2. A neve vímola só na noite do 27 de febreiro.

O resumo meteorolóxico de 2018 da cidade de Compostela elaborado cos datos obtidos de cotío na estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, centro colaborador da AEMET, sinala ademais como “normal” a cifra de 181 días con precipitación apreciable (máis de 0,1 litros/m2), o que representa un 49,6% sobre o total de días do ano.

Temperaturas e horas de sol

No que atinxe ás temperaturas, o director do OARMA, José Ángel Docobo, sinala o día 3 de agosto “coa máxima absoluta do ano, 37º6, pero houbo outros vinte días con máximas de 30º ou superiores, e deles en oito xornadas os termómetros superaron os 33º”.

A temperatura máxima máis baixa rexistrouse os días 7 e 28 de febreiro con só 7º1, e a mínima absoluta de 2018, -0º3, tivo tamén lugar en febreiro, o día 8, que xunto co día de Reis foron as únicas dúas xornadas do ano coa temperatura mínima negativa no Campus Vida da USC. Pola contra, a temperatura mínima máis alta, con 22º4, aconteceu o 3 de agosto.

En canto á insolación, en 2018 medíronse case 2.091 horas de Sol o que representa un 48% sobre as posibles en Santiago, un dato moi semellante á media das últimas tres décadas. En 50 días non saíu o Sol, e noutros 104 o astro brillou máis de 9 horas no ceo da capital de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial