займ срочно

A chuvia tamén visita o Son do Camiño

0

Compostela, 15 de xuño do 2019 – Segunda xornada e segunda camiñata para moitos xornalistas No Son do Camiño. Despois de pasar onte por aparcamentos baleiros, e confirmar hoxe que son para políticos e invitados, o sendeirismo para acceder  resulta menos interesante.

No apartado musical Ivan Ferreiro abriu as horas máis intensas do venres.  Un son mellorable por momentos que fixo que o artista se mostrarse moi incomodo; aínda así Iván entregouse a fondo pero nin este era o seu festival nin a hora, sete da tarde, foi a mellor.

Bloc Party mostraron a experiencia que levan acumulando desde principios dos 2000. Unha banda moi conxuntada que soa con toda a forza precisa para facer saltar a 30.000 persoas entregadas. Lembran por momentos as primeiras grabacións de grupos como U2 ou The Smiths pero teñen sen duda unha persoalidade propia.

Con Rosalía a loucura e a chuvia. O abano de idades amplíase e vese moita rapazada en comunión cos pais. O auditorio do Monte do Gozo quedase pequeno para unha artistas que hai un ano enchía a praza da Quintana, xusto antes de converterse nun fenómeno mundial; punto, set e partido para os programadores do Apostol 2018.

De todos xeitos o de Rosalía non é un concerto como tal. A exquisita produción do disco ten como contrapartida uns sons difíciles de reproducir en directo se non é con partes pregrabadas. Unha posta en escea impecable pero na que se vota de menos a improvisación e a frescura dun concerto como tal. Em todo caso dou un pouco igual, un non acaba de saber si vai a escoitar a Rosalía ou ao público que corea cada letra, as veces sen pensar o difícil que é canta como ela. Guiño a cidade con abudantes agradecementos e a lembranza de ter feito o camiño desde Roncesvalles ata Finisterre.

Un bo espectáculo roto por unha tromba de auga que non conseguiu que ninguén se movera do Monte do Gozo e, tal vez por iso, foi pasando pouco a pouco.

A noite disco a puxeron, xa na madrugada do sábado, os Black Eyed Peas. Antes deles unha media hora de sesión dj sen que saibamos si foi premeditado ou algún problema técnico levounos a improvisar xa que, por primeira vez, desde que comezou o festival o concerto comezou con retraso. A partir de aí todo festa. É certo que o espectáculo non é o de hai anos pero non o precisan. As súas cancións son recoñecidas ata polos que non son moito de ese pao e iso axuda a que canten, salten e bailen nunha noite que, xa pagada a peaxe da chuvia,  foi outro éxito de organización.

Hoxe sábado pecha o Son do Camiño e faino ao grande, con Iggy Pop. Outro de eses artistas que asinaron hai tempo un pacto co diaño e seguen no seu mellor momento. Con 72 anos segue en perfecta forma para sorprender e crear cousas como o vídeo que os deixamos e que promociona a reedición do álbum Zombie Birdhouse do 82.

O luns teredes toda a información, fotos e vídeos do Son do Camiño 2019

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies