займ срочно

A Cidade da Cultura acolle a IV Maker Faire Galicia

0

Compostela, 24 de novembro do 2018 – A creatividade dáse cita ao longo da fin de semana na Cidade da Cultura na cuarta edición da Maker Faire Galicia.

A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, participou na inauguración e explicou que “dende o Concello de Santiago témoslle especial querenza a este proxecto, que xurdiu hai algo máis de tres anos nun espazo como Área Central, e do que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas”. A Maker Faire Galicia é unha das feiras desta temática máis importantes a nivel europeo e supón un punto de encontro innovador e colaborativo a nivel galego. Ademais da tradicional feira expositiva, onde se poden ver as recentes e innovadoras creacións das e dos makers participantes, hai un amplo programa de actividades dirixido a todo tipo de públicos como charlas, obradoiros, parkour ou carreiras de coches DIY. Tamén chaman a atención o exclusivo circuíto de drons no túnel subterráneo da Cidade da Cultura ou a Hebocon, un campionato de robots para familias. Coma todos os anos, as charlas son un dos pratos fortes do evento.

Destaca tamén a integración de conferencias independentes dentro do programa oficial do evento, como as coordinadas polo NOS Day, ou o grupo de mulleres tecnolóxicas Galstech, coas que se fomenta a colaboración entre as diferentes comunidades tech de Galicia. Para esta cuarta edición, a Maker Faire Galicia volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que acolle tamén o evento no Gaiás, e do Concello de Santiago, a través do programa Compostela Móvese. Tamén colabora co evento a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies