A CIG logra a maioría nas eleccións sindicais do Concello de Ordes

0

Ordes, 23 de maio do 2019 – A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas entre o persoal laboral do Concello de Ordes, acadando tres dos cinco representantes do comité de empresa.

Dende a CIG Administración destacan a elevadísima participación nas votacións sindicais, que acadou o 100% no colexio de técnicos e chegou ao 80% no de especialistas. Este resultado, engade a CIG Administración, racha coa maioría no órgano de representación que durante os últimos anos tivo a CSIF “que neste tempo non fixo acción sindical e limitouse a actuar como unha prolongación dos gobernos municipais” en palabras do sindicato gañador. Esta é unha das razóns, ao entender da central nacionalista, que explica a altísima participación do persoal laboral nestas eleccións, nas que no colexio de especialistas a candidatura da CIG obtivo 29 votos fronte aos sete logrados pola lista da CSIF.

Os delegados e delegadas da CIG reafirman o seu compromiso por cambiar a situación e comezar no Concello de Ordes “a facer sindicalismo de verdade”. Entre outras cuestións márcanse como traballo prioritario para os próximos catro anos a renovación da RPT, a posta en marcha da negociación do convenio colectivo ou a consolidación de emprego, “xa que non hai nada feito a causa da desidia da CSIF”.

Este éxito entre o persoal laboral súmase ao resultado obtido nas eleccións do persoal funcionario, onde a CIG, por terceiro mandato consecutivo, volver lograr o único representante que se elixe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial