займ срочно

A compañeira de piso, da compañía Contraproducións, estrease este xoves en Compostela

0

Compostela, 27 de febreiro do 2019 – A compañía Contraproducións estrea este xoves en Santiago “A compañeira de piso”, baixo a dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó e protagonizada por Patricia Vázquez e Rebeca Montero.

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”. Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

En A compañeira de piso, Silverman quixo crear unha obra sobre mulleres pasados os 50 anos, e escribir papeis con substancia que non adoitamos presenciar nos escenarios. “Decateime que cando ía ao teatro non vía roles onde as mulleres maiores saíran do convencional”, explica. “Vía roles onde as mulleres maiores esperaban que os seus fillos chegaran a casa, ou afrontaban como os seus maridos as enganaban con mulleres novas. O público era animado a rir delas dun xeito que me resultaba sospeitoso. Facíame desexar darlles algo que as sacudira e vía que non se lles daba esa opción”.

A obra describe como a complicidade entre as dúas protagonistas “desencadéase polo humor”. A medida que van coñecéndose e baixan a garda, unha delas dirá algo que sorprende á outra e “faina escachar coa risa”. A pesares da súa  pretendida contraposición, as dúas mulleres comparten moitas similitudes. Ambas teñen unha chispa dentro que fai estourar o sentido do humor e da aventura. As súas risas condúcenas a unha cercanía e complicidade que as incita a atopar conexións e vencellos entre elas.

A medida que a súa relación se desenvolve, estas dúas mulleres deberán tratar de resolver a nova dirección que queren que tomen as súas vidas, e descifrar se son capaces de parar o efecto bola de neve que leva a súa transformación.

Tanto Belén Pichel como as dúas actrices protagonistas participaron hoxe na presentación aos medios do espectáculo, na que tamén interviñeron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia. A obra representarase no Salón Teatro o 28 de febreiro e 3 de marzo. Venta anticipada de entradas http://entradas.abanca.com.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies