A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo reúnese en Santiago

0

Compostela, 5 de decembro do 2018 –  A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) mantivo este martes na USC unha reunión da súa comisión executiva.

O encontro serviu para avanzar cara á consolidación da Conferencia de Reitores como asociación sen ánimo de lucro, previa á creación dunha agrupación europea de cooperación territorial. Esta xuntanza rematou cunha sesión conxunta de traballo do grupo ‘Educación, Universidades e Investigación’ co comité de seguimento da Macrorrexión de Rexións do Suroeste Europeo (RESOE).

Trátase, como explicou o presidente da CRUSOE e reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira de Castro, de que universidades con intereses e obxectivos comúns alcancen unha maior compenetración coas sociedades e rexións nas que se enmarcan. “De aí a importancia de traballar conxuntamente coas autoridades e entidades responsables de cada territorio”, dixo. A mesma idea resaltouna o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, para quen é “esencial” a colaboración entre institucións académicas que teñen moito en común “e que poden derivar en propostas e accións que sen dúbida” beneficiarán á comunidade educativa”.

A xuntanza conxunta posterior entre CRUSOE e RESOE presidiuna o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ela asistiu tamén a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nela, entre outras cuestións, presentouse un borrador do RIS 3 macrorrexional que servirá como documento de taballo para que as universidades colaboren coas rexións e o seu desenvolvemento no logro de obxectivos estratéxicos.

Ademais de crear un grupo de traballo operativo entre a executiva da CRUSOE e representantes dos distintos Gobernos rexionais, na sesión acordouse ampliar o programa Iacobus de mobilidade a toda a macrorrexión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial